UGT-Galicia e a Fundación Luís Tilve organizan este xoves en Santiago un acto de homenaxe a Suso Mosquera

UGT-Galicia e a Fundación Luís Tilve organizan este xoves en Santiago un acto de homenaxe a Suso Mosquera
UGT-Galicia e a Fundación Luís Tilve organizan este xoves en Santiago un acto de homenaxe a Suso Mosquera

O acto comezará ás 11.45 horas

Ao acto asistirán, entre outros, o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; o presidente da Fundación Luís Tilve, José Benito Núñez; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; o presidente de honra da Fundación Luís Tilve, Fernando González Laxe; unha representación da CEG; unha representación do S.N. de CCOO de Galicia; unha representación da Fundación 10 de Marzo e da Fundación Celso Emilio Ferreiro; e cadros e membros das estruturas de UGT-Galicia. 

O acto comezará ás 11.45 horas e están previstas as intervencións do alcalde de Santiago, o presidente da Fundación Luís Tilve, o secretario xeral do PSdeG, o secretario xeral de UGT-Galicia, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria e pechará o secretario xeral de UGT.

Ademais, tamén se realizará un acto de entrega á familia do falecido do Premio Traballo Digno a título póstumo.Lembrar que Suso Mosquera, quen fora secretario xeral de UGT-Galicia dende o ano 1980 ata o 2005, faleceu o pasado 13 de febreiro na Coruña aos 74 anos de idade. Naceu en Merza (Vila de Cruces, Pontevedra) e dende moi mozo comezou a tomar contacto con movementos sociais que operaban na época da ditadura franquista. Tras pasar pola JOC (Juventud Obrera Cristiana), militou na USO, sendo un dos seus máximos impulsores en  Galicia.

Pasou a militar en UGT, tras a fusión de USO e UGT no ano 1977. Primeiro foi secretario xeral de UGT-Coruña e membro da Executiva de UGT-Galicia. Xa en agosto de 1980 foi elixido secretario xeral de UGT-Galicia no seu II Congreso. Cargo que ocupou ata o ano 2005. Entre os seus logros, destaca o de transformar e modernizar as estruturas do Sindicato e situar a UGT como primeira forza sindical en Galicia. Politicamente, tamén foi moi activo. Foi deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento galego ata o ano 1988, cando dimitiu como apoio á convocatoria de Folga xeral do 14 de decembro. Desta labor parlamentaria naceu a iniciativa de crear o Consello Galego de Relacións Laborais. Dende o 2005 ata o 2017 foi presidente da Fundación Luís Tilve, encargada da memoria histórica da UGT e do socialismo de Galicia.

Comentarios
Lo más