O Concello acondicionará o espazo debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieteira para crear dous almacéns

O Concello acondicionará o espazo debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieteira para crear dous almacéns

O Concello vén de ver confirmada unha subvención para a súa execución por importe de 20.182 euros

O Concello de Ribeira vai emprender unhas obras dirixidas ao acondicionamento do espazo situado debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieiteira. A intención desta actuación reside en crear dous almacéns destinados ao uso dos clubs que empregan esa instalación.

Valorada en 33.637 euros, o Concello vén de ver confirmada unha subvención para a súa execución por importe de 20.182 euros procedente de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ao abeiro da orde do 4 de decembro de 2017 pola que se convocan achegas para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións e instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

O proxecto técnico, elaborado polo arquitecto municipal, prevé pechar e acondicionar dous dos cubículos existentes no lugar en cuestión, conformados pola propia sección da bancada e o desnivel entre os dous terreos de xogo. Ademais, vaise urbanizar a plataforma de acceso construíndo unhas escaleiras que salven o desnivel actual (+1,20 metros) e levantando un muro de contención ata esta cota. Tamén se disporá dunha barandilla de protección.

As novas dependencias terán unha superficie útil de 23,85 metros cadrados cada unha e unha altura superior aos 3 metros en máis do 80% da súa superficie.

Comentarios