O grupo “Troyanos de Compostela” presenta o seu primeiro disco no museo Casa de la Troya

O grupo “Troyanos de Compostela” presenta o seu primeiro disco no museo Casa de la Troya

A presentación terá lugar hoxe as 11:00 horas no museo Casa de la Troya

 No marco dos actos conmemorativos do 25º aniversario do Museo Casa de la Troya, a agrupación musical da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, “Troyanos de Compostela”, gravou o seu primeiro CD baixo o título Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya a finais do pasado ano. Agora preséntase nun concerto que terá lugar este sábado, 14 de xullo, no Teatro Principal de Santiago, ás 20:00 horas. O concerto é gratuíto, previa retirada de invitación na billeteira do Teatro Principal. O CD realizouse coa colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

Hoxe preséntase o disco e o concerto en rolda de prensa, no museo Casa de la Troya, ás 11:00 horas. No acto estarán Benigno Amor, presidente da Asociación de Antigos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo; e Fernando Reyes, director musical do grupo “Troyanos de Compostela”.

Con este CD preténdese recuperar e divulgar a música de autores galegos de finais do século XIX e comezos do XX, que é precisamente o tempo da novela autobiográfica La Casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín, onde a música é un dos protagonistas 

Comentarios