Oroso aproba 900.000 euros de investimento en obras para mellorar os servizos das parroquias

Oroso aproba 900.000 euros de investimento en obras para mellorar os servizos das parroquias

Entre as obras, destacan os 327.000 euros que irán a mellorar os camiños e vías con traballos de aglomerado e asfaltado en Piñeiro; A Costa e Zan (Trasmonte); Piñeirón; A Falmega; A Igrexa (A Gándara); Mixoi; Castiñeiro Redondo e Urbanización Porto Avieira

O Concello de Oroso acometerá a curto prazo diferentes obras nas parroquias do municipio, todas elas encamiñadas a mellorar os servizos do rural e froito das conversas do alcalde, Manuel Mirás, cos veciños. O investimento rondará os 900.000 euros.

Algúns destes proxectos están incluidos no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e outros serán asumidos con fondos propios do Concello de Oroso, grazas á boa situación económica das arcas municipais. O alcalde confía na boa disponibilidade das empresas adxudicatarias para comezar os traballos nun prazo máximo de dous meses.

Entre as obras, destacan os 327.000 euros que irán a mellorar os camiños e vías con traballos de aglomerado e asfaltado en Piñeiro; A Costa e Zan (Trasmonte); Piñeirón; A Falmega; A Igrexa (A Gándara); Mixoi; Castiñeiro Redondo e Urbanización Porto Avieira.

Haberá un investimento de 106.000 euros no aglomerado da pista que une Cachopal coa igrexa de San Mamede e 20.000 euros para a acometida de auga de Cachopal a Sar. Tamén comezarán os traballos da senda de acceso ao refuxio (125.768 euros).

Outra partida de 70.000 euros irá á primeira fase da pista da parroquia de Senra (de Couso a Ponte Carollo); 50.000 euros para as beirarrúas de O Barreiro; e 55.000 euros para os accesos ao polígono de Sigüeiro.

Por último, destacar os 60.000 euros para as obras de ampliación da escola infantil Ulloa (xa comezadas), e dúas partidas de 60.000 e 18.000 euros para as reformas da rúa Ulloa e o parque infantil de Sigüeiro.

“Cumprimos o noso programa e escoitamos as demandas dos veciños”, sostén Manuel Mirás, satisfeito ademais “pola situación saneada das contas do concello, o que nos permite ter un ritmo constante de obras de mellora de servizos en todo o concello”.

Comentarios