Compromiso propón o adecentamento dos baños públicos da Alameda

Compromiso propón o adecentamento dos baños públicos da Alameda

"Non se explica a deixadez dos baños situados na Alameda"

Compromiso denuncia a insuficiencia e falta de mantenemento dos baños públicos da Alameda xa que considera que "con casi 100.000 habitantes e cada ano con máis visitantes, Santiago non pode permitirse dar unha imaxe de deixadez e falta de servizos"

A formación galeguista pide que se adecenten e adecúen os baños da Alameda que, a pesar de atoparse nunha zona privilexiada, "atópanse en moi mal estado de mantenemento. De igual modo, o seu acceso é complicado e bastante inseguro, dando unha moi mala imaxe da cidade".

Dende Compromiso demandan que se defina o seu horario de apertura e que se sinale debidamente o acceso para minusválidos no kiosko que se atopa en fronte. Compromiso tamén insta a que se poñan medidas de vixiancia, xa que na actualidade non é nada seguro facer uso deles. Todo o contrario ocorre nos situados na Praza do Obradoiro que se atopan en bo estado, con acceso para minusválidos e horario de apertura e peche, polo que "non se explica a deixadez dos situados na Alameda".

Comentarios