O Concello de A Pobra asina un convenio coa Fundación Amigos de Galicia

O Concello de A Pobra asina un convenio coa Fundación Amigos de Galicia

Este programa vai dirixido especialmente ás persoas en risco de exclusión social, parados de larga duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas receptoras de RISGA, etc

O Concello da Pobra do Caramiñal no seu afán de realizar e colaborar en proxectos e programas que fomenten a inclusión socio-laboral das persoas e colectivos máis vulnerables vén de asinar no pasado mes de xuño, un convenio de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia para a realización dun programa de orientación laboral co obxectivo de acadar a plena integración social destas persoas e colectivos . 

Este programa vai dirixido especialmente ás persoas en risco de exclusión social, parados de larga duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas receptoras de RISGA, etc.

Os beneficiarios do programa serán derivados dende os Servizos Sociais do Concello, iniciándose unha colaboración , coordinación e organización que desexamos dea os seus froitos e podamos lograr a maior integración posible.

Dende os Servicios Sociais tamén se comezou a traballar conxuntamente coa asociación AMICOS no programa " Inserta 2", enmarcado na Convocatoria do Programa de Inclusión Social e Económica (POISES), ” Programa Más Empleo” de La Caixa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Fundación Bancaria La Caixa.

Está dirixido a persoas desempregadas e con discapacidade . O obxectivo deste programa é ,entre outros , a motivación ,o incremento da confianza nos procesos de selección e a mellora da empregabilidade , realizando labores de orientación laboral personalizadas , actividades formativas , intermediación laboral e acompañamento para a adaptabilidade dos postos. Estas dúas colaboracións teñen como finalidade acadar a plena integración laboral destas persoas.

O goberno da Pobra do Caramiñal implícase decididamente nos procesos de desenvolvemento sostible , así coma no apoio aos grupos sociais máis desfavorecidos, en colaboración coas entidades que desenvolven este tipo de accións e coas que o Concello comparte a súa visión e a preocupación neste eido.

Comentarios
Lo más