A obra do Malecón aumenta as zonas verdes á altura do mercado e en travesía Canarias crearanse 17 novas prazas de aparcamento

A obra do Malecón aumenta as zonas verdes á altura do mercado e en travesía Canarias crearanse 17 novas prazas de aparcamento

Deste xeito, poderase disfrutar neste entorno de case 500 metros cadrados de espazo axardinado, ao tempo que se conservan 23 dos aparcamentos que había dispoñibles

O proceso de remodelación do paseo do Malecón atópase nestes momentos á altura do mercado municipal, a carón do cal os operarios da empresa adxudicataria –Canarga- están ampliando as zonas verdes alí situadas.

Deste xeito, poderase disfrutar neste entorno de case 500 metros cadrados de espazo axardinado, ao tempo que se conservan 23 dos aparcamentos que había dispoñibles.

A este respecto, cómpre lembrar que no pasado Nadal habilitouse un aparcadoiro con máis de 30 prazas na cercana rúa Agustín Fernández Oujo en tanto que a principios da próxima semana se habilitarán outras 17 máis en travesía Canarias (por detrás do colexio O Grupo). A brigada de Obras encargarase do seu pintado. 

Isto significa que o número de prazas de estacionamento no entorno do mercado municipal incluso aumentarán en relación aos existentes hai un ano.

Comentarios