Demandan maior presencia policial na zona vella da cidade polos continuos furtos

Demandan maior presencia policial na zona vella da cidade polos continuos furtos

Para o PP, faise precisa unha intervención policial axeitada que serva de medida disuasoria fronte a estes actos que agreden e prexudican gravemente o traballo dos comerciantes da nosa cidade e a calidade do comercio

O Grupo Municipal Popular solicita ao Goberno de Compostela Aberta que reforce a vixiancia no casco histórico, co obxectivo de evitar que os comerciantes sigan sufrindo furtos de artigos de recordos ou souvenirs que despois se revenden nas rúas.

Estes episodios obrigan aos comerciantes a ser eles mesmos os que teñan que facer labores de control e vixiancia nos seus establecementos e na súa contorna, en detrimento da atención ao público e outros menesteres da súa labor.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández, faise precisa unha "intervención policial axeitada" que serva, en primeiro termo, de medida disuasoria fronte a estes actos que agreden e prexudican gravemente o traballo dos comerciantes da nosa cidade e, se fose necesario, a súa persecución.

Os Populares aseguran que estas presuntas subtraccións non só constitúen un acto reprochable en sí, senón que da pé ao nacemento dun “mercado negro” de ditos produtos a turistas na rúa, que contribúe a crear una imaxe nada desexable da capital de Galicia.

Ao mesmo tempo, estes acontecementos dan conta da "falta absoluta de atención" do Goberno de Martiño Noriega sobre as persoas, cuxas circunstancias responden a causas ben diversas, todas elas merecentes da intervención do Concello, con feitos e non con "meros xestos de postureo".

Comentarios
Lo más