Nova convocatoria de residencias para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán

Nova convocatoria de residencias para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán

As residencias artísticas na Sala Agustín Magán do Centro Cívico de Santa Marta desenvolveranse entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de xullo de 2019

A Xunta de Goberno aprobou onte a convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas na Sala Agustín Magán para proxectos de artes escénicas no curso 2018-2019. Trátase da terceira edición desta convocatoria, que está a ser moi ben acollida por compañías e creadores de toda Galicia.

As residencias artísticas na Sala Agustín Magán do Centro Cívico de Santa Marta desenvolveranse entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de xullo de 2019, e terán unha duración máxima de tres semanas. Os beneficiarios poderán utilizar o espazo de luns a venres, e en horario de dez da mañá a dez da noite. O prazo para solicitar as residencias e estadías técnicas permanecerá aberto ata xullo de 2019, e a adxudicación será por orde de presentación, ata un máximo de 25 residencias. As compañías ou persoas beneficiarias deberán programar cando menos unha actividade dirixida ao barrio e/ou un pase con público da obra na que estean a traballar.

Outro dos acordos da Xunta de Goberno de onte foi a solicitude dunha subvención á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a posta en marcha do programa Emprego E-COM. Trátase dun proxecto que terá unha vixencia de doce meses, e do que se beneficiarán ata cen persoas desempregadas. O proxecto ten un orzamento de 220.000 euros e a axuda que se solicita á Xunta é de 175.000 euros 

Comentarios
Lo más