Os socialistas galegos ven unha oportunidade co novo goberno a transferencia da AP-9

Os socialistas galegos ven unha oportunidade co novo goberno a transferencia da AP-9

Xoaquín Fernández Leiceaga presenta unha “oposición construtiva sen renunciar ás posicións de principio” en Galicia co obxectivo de “resolver problemas”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, saudou hoxe a “nova oportunidade” que ofrece o goberno de Pedro Sánchez para “desbloquear” temas paralizados por Rajoy coa conivencia de Feijóo en Galicia. Durante unha rolda de prensa na que fixo balance do período de sesións, sinalou á transferencia da AP-9 ou a adquisición do Pazo de Meirás para o patrimonio público.

O responsable socialista, que compareceu xunto coa viceportavoz Patricia Vilán, aplaudiu o “cambio de circunstancias políticas” dende a chegada de Sánchez á Moncloa que abre un novo escenario de oportunidade para os intereses de Galicia. apostou por unha “reflexión sobre as relacións entre Galicia e a Administración Xeral do Estado”, logo da etapa de parálise protagonizada por Rajoy e Feijóo.

Apuntou que, en contra do discurso de que grazas á relación do presidente galego co anterior presidente do goberno e co ministro De La Serna Galicia tiña unha solución ás súas demandas, a realidade era que mantiñan bloquedas as peticións de Galicia. Así sucedía por exemplo coa transferencia da AP-9 ou coa adquisición de Meirás, cando Rajoy “sinalaba que non había nada que facer”.

Explicou que os socialistas galegos manterán co novo goberno as mesmas demandas para Galicia, por exemplo demandando a posta en marcha do AVE en probas no ano 2019. Sen embargo, apunta, Feijóo si que tivo que mudar a súa estratexia de “ariete” contra Moncloa e matizar a súa folla de ruta sobre todo despois do nomeamento de Pardo de Vera a cargo do AVE.

Advertiu ademais da difícil situación de Feijóo logo de ter renunciado a loitar pola presidencia do PP, que terá “un custe considerable”. Así sucederá logo de que co seu “paso atrás” deixara de ser o posible sucesor de Rajoy, unha posición que lle daba certa relevancia no seu partido a nivel nacional e que desaparece fronte ao próximo líder que requirirá de “tempo por diante” sen cabida para outros liderados.

Comentarios
Lo más