Comeza o proceso para a construcción da variante de Ribeira

Comeza o proceso para a construcción da variante de Ribeira

Con esta actuación preténdese circunvalar o núcleo de Santa Uxía, liberando de tráficos o centro da vila e facilitando o acceso á zona sur

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta vén de licitar onte mesmo os proxectos técnicos necesarios para a construción da Variante de Ribeira, na que o Goberno galego prevé investir uns 9,3 millóns de euros.

Tales proxectos técnicos comprenden a redacción do proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da infraestrutura, que fixará as ocupacións e permitirá reservar os terreos necesarios para a súa execución. Espérase contar con estes documentos no primeiro semestre de 2019 e, de seguido, unha vez cumprimentados os trámites de sometemento a información pública e aprobación definitiva dos mesmos, xa se poderá redactarse o proxecto construtivo da primeira fase.

Neste senso, cómpre informar de que a nova vía, duns 3 quilómetros de lonxitude, está programada en dúas fases, unha  primeira correspondente ao treito que discorre bordeando todo o núcleo urbano ata a avenida da Constitución e unha segunda de continuación ata o porto, que se corresponde co ámbito máis urbano.

Con esta actuación preténdese circunvalar o núcleo de Santa Uxía, liberando de tráficos o centro da vila e facilitando o acceso á zona sur, propiciando así unha nova entrada por estrada ao núcleo de Ribeira, alternativa á actual, que desde o norte parta desde a rotonda da autovía, continúe ata a Avenida da Constitución e finalice na praia de Touro.

O alcalde Manuel Ruiz expresou o seu agradecemento á Consellería de Infraestruturas e en especial á súa titular, Ethel Vázquez, por facer realidade unha actuación estratéxica para Riveira que o Plan Move puña no horizonte do 2020, como vai ser en efecto a raíz destas licitacións.

Comentarios