Os veciños de Ames interesados na visita nocturna ao petróglifo da Pedra da Nave de Mourigade

Os veciños de Ames interesados na visita nocturna ao petróglifo da Pedra da Nave de Mourigade

Tense previsto desenvolver outra visita das mesmas características á área arqueolóxica de Monte Castelo, situada no lugar de Ventosa, no mes de setembro

O Colectivo A Rula e o Concello de Ames organizaron o pasado sábado, 7 de xullo, unha visita guiada nocturna ao petróglifo da Pedra da Nave de Mourigade, situado no lugar de San Pedro de Bugallido. Nesta actividade participaron arredor de 60 persoas de todas as idades interesadas na arte rupestre e nas manifestacións culturais da nosa prehistoria. Ademais, tense previsto desenvolver outra visita das mesmas características á área arqueolóxica de Monte Castelo, situada no lugar de Ventosa, no mes de setembro.

Nesta actividade participaron arredor de 60 persoas de todas as idades, tanto nenos coma adultos, interesadas na arte rupestre e nas manifestacións culturais da nosa prehistoria. A visita foi aproveitada para amosarlle aos visitantes un novo panel localizado polo Colectivo A Rula, aínda sen catalogar, e para explicar os diferentes paneis insculturados co apoio de iluminación artificial rasante que permitiu unha óptima visualización.

Comentarios