Perigo de tormentas en Compostela

Perigo de tormentas en Compostela

Espérase unha situación de inestabilidade en Compostel durante o día de hoxe

A situación atmosférica sobre Galicia continuará determinada por unha situación de inestabilidade pola entrada do anticiclón en superficie e a presenza de aire frío en altura. 

Deste xeito o ceo estará parcialmente anubrado con chuvascos tormentosos, máis probables pola tarde no interior, acadando intensidade puntualmente forte. 

As temperaturas mínimas non terán cambios moi significativos, pero as máximas descenderán lixeiramente. 

Os ventos soprarán frouxos do nordés no terzo norte, variables na metade sur, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

A temperatura mínima para Santiago de Compostela será de 16ºC e a maxima de 26ºC.

Comentarios