Ferido un condutor en Val do Dubra

Ferido un condutor en Val do Dubra

O accidente ocorreu sobre as 07:30 horas desta mañá

Un condutor resultou ferido despois de saírse da vía e caer co vehículo que conducía por un desnivel duns catro metros de altura, aproximadamente. 

O accidente ocorreu sobre as 07:30 horas desta mañá. Foi a esa hora cando axentes de Tráfico comunicaban ao 112 Galicia que foran avisados por outros compañeiros e un particular dun accidente na DP-1914, á altura da Parrillada A Cabaña, Val do Dubra. Aseguraban, ademais, que o condutor tiña un forte golpe.

A partir de aí, dende o 112 Galicia informouse axiña ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Santiago e de Santa Comba. Do mesmo xeito, tamén foron informados os membros do GES e de Protección Civil de Val do Dubra, que nada mais chegar ao punto confirmaron que o condutor estaba ferido no interior do turismo e no desnivel.

Unha vez evacuado, o ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario La Rosaleda de Santiago. 

Comentarios