Trasladado ao hospital un operario ao caer dende un tellado

Trasladado ao hospital un operario ao caer dende un tellado

Ao fío das 19:30 horas da tarde pasada, un particular solicitaba ao 112 Galicia unha ambulancia para un home ferido

Un traballador da construción resultou ferido onte en Ortigueira despois de caer do tellado dunha casa (dúas alturas) que neses momentos reparaba.

Ao fío das 19:30 horas da tarde pasada, un particular solicitaba ao 112 Galicia unha ambulancia para un home ferido que caera do tellado dunha casa situada en Loiba, no lugar do Casal.

Con estes datos, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do persoal do servizo do 061-Urxencias Sanitarias. Así mesmo, solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Persoal sanitario confirmou ao 112 Galicia o traslado do paciente ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. 

Comentarios
Lo más