Regresa a Policía Infantil de Ribeira

Regresa a Policía Infantil de Ribeira

Despois da entrega de credencias, numerosos veciños puideron asistir á demostración realizada na Casa do Concello

A 23ª promoción da Policía Infantil de Riveira quedou oficialmente constituída tras a entrega das súas credenciais ás 8 novas incorporacións rexistradas este verán e que elevan ata 27 (24 axentes e 3 monitores) o seu número de membros.

O salón de plenos do Consistorio serviu unha vez máis como acto de presentación deste singular corpo de policía baixo a presenza do alcalde Manuel Ruiz, do concelleiro Víctor Reiriz, do encargado deste grupo, o cabo José Andrés Alonso e de moitos pais, nais e familiares que non se quixeron perder este momento. Os membros da entidade xa se exhibiron hoxe en sociedade con motivo da procesión do Carme en Aguiño coincidindo coas súas festas de verán.

Despois da entrega de credencias, numerosos veciños puideron asistir á demostración realizada na Casa do Concello.

Os novos axentes son Amina Boumhara Farmane, Tomasa Franco Martínez, Francisco Fernández González, David Santos Luengo, Jorge Tubío Tarrío, Pablo González Montes, Daniela Sampedro Pérez e Noa Caamaño Caamaño. Repiten Raquel Martínez López, Rocío Pego Martínez, Alberto Lens Sobrido, Samuel Cruz, María López Franco, Laura Daniela Francisco Cárdenas, Paula Barreiro Besada, Alba González Arestín, Miguel Tubío Tarrío, Alba Pena Blanco, Rubén Martínez López, Lucía Torres Paz, Ana María Ben Miniño, Lara González Rey, Brais Abraldes Prol e Dominik Baptista.

Os monitores son María Elena Hermida Zapata, Lara Santos Luengo e Kamal Chhain.

Comentarios
Lo más