O pregón de Nerea Barros abre hoxe 14 días de festa no Apóstolo 2018

O pregón de Nerea Barros abre hoxe 14 días de festa no Apóstolo 2018
O pregón de Nerea Barros abre hoxe 14 días de festa no Apóstolo 2018

O pregón terá lugar as 22:30 horas

As festas do Apóstolo comezarán ás 22:30 horas co pregón de Nerea Barros dende o balcón do Pazo de Raxoi. A actriz, nada en Santiago en 1981, ten xa unha longa traxectoria na televisión e no cine, e foi gañadora dun premio Goya á mellor actriz revelación en 2014, pola película La isla mínima. Antes do pregón, Nerea Barros manterá un encontro co alcalde, Martiño Noriega, ás 12:00 horas, no Pazo de Raxoi.

Bette Smith

Despois do pregón, ás 23:00 horas, comezará o primeiro concerto das festas do Apóstolo, a cargo de Bette Smith. A cantante, procedente de Brooklyn, medrou escoitando gospel, blues e soul, e gravou o seu primeiro disco en 2006, From the well of my inner child, que a converteu nunha artista habitual no circuíto musical de Nova Yorq. Once anos despois, e con cambio de nome de por medio, gravou o disco Jetlagger, producido por Jimbo Mathuz. Este traballo situouna, segundo a crítica, como a máis clara sucesora de Sharon Jones. O concerto de Bette Smith será na praza do Obradoiro, con entrada libre.

Comentarios