Situación intermedia nun día con ceos despexados pola mañá e anubrados pola tarde

Situación intermedia nun día con ceos despexados pola mañá e anubrados pola tarde

Pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas do interior que darán lugar a chuvascos localmente treboentos

Novamente durante o mércores quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con aire frío en capas altas da atmosfera. 

Deste xeito, agárdanse ceos máis despexados canto máis ó sur de Galicia, máis anubrados no extremo norte, onde mesmo hai posibilidade de chuvias febles. 

Xa pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas do interior que darán lugar a chuvascos localmente treboentos.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral e no terzo norte e frouxos no resto.

A mínima que acadará Santiago será de 16ºC e a máxima 22ºC

Comentarios
Lo más