"Galicia-Baviera" reunirá no Museo do Pobo a obra de 28 destacados artistas visuais dos dous países

"Galicia-Baviera" reunirá no Museo do Pobo a obra de 28 destacados artistas visuais dos dous países
"Galicia-Baviera" reunirá no Museo do Pobo a obra de 28 destacados artistas visuais dos dous países

Román Rodríguez explicou que o vencello milenario de Galicia e Baviera nace co Camiño de Santiago, lembrando que “con este protocolo afondamos un pouco máis nese camiño común que compartimos”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, veñen de subscribir esta mañá un protocolo de colaboración para a realizació nas salas de exposicións deste museo compostelán da exposición Galicia-Baviera, no marco dunha traxectoria de intercambio que se vén mantendo desde hai máis de vinte anos entre artistas galegos e bávaros.

Na súa intervención, o conselleiro fixo alusión a un vencello milenario entre Baviera e Galicia que nace co propio Camiño de Santiago. “Destas orixes xacobeas ‒explicou o titular de Cultura‒ nace e crece co tempo a relación secular entre os nosos territorios”; afirmando que “con este protocolo afondamos un pouco máis nese camiño común que compartimos”.

Rodríguez rematou a súa intervención agradecéndolle ao presidente do Parlamento “a súa aposta permanente pola nosa cultura” e a Justo Beramendi o seu traballo á fronte do Museo do Pobo, “mantendo sempre as súas portas abertas para mostrarlle Galicia ao mundo e traer o mundo a Galicia”. Lembrando que “para a Xunta é un privilexio poder contribuír nun proxecto tan positivo como este para a difusión cultural da arte galega”.

Unha escolma de artistas consolidados

Co fin de favorecer o intercambio cultural co exterior, a Xunta, o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego colaboran na realización desta mostra que reunirá pezas creadas por preto de trinta recoñecidos creadores galegos e bávaros.

Por parte galega participarán o devandito Alfonso Costas, Amelia Palacios, Pedro Bueno, Carmen Hermo, Enrique Velasco, Soledad Pite, Tino Poza, Antón Sobral, Ruth Montiel, Xosé Vázquez Castro, Maribel Longueira, Tino Canicoba, Manuel Gandullo, Jorge Valenciano, Miguel Pereira, Xulio Gil.

Pola banda de Baviera, os artistas convidados son Waltraud Danzig, Wolfgang Kretzer, Hubert Huber, Anja Kutzki, Stefan Meisl, Otto Müller, Verena Schönhofer, Ernst Zahnweh, Helga Mader, Ilona Maier, Karin Hölzlwimmer e Gerhard Mader.

A Consellería de Educación e Cultura, a través da Secretaría Xeral de Cultura, achegará 9.000 euros para a produción e difusión da mostra, e a realización das xornadas. Galicia-Baviera abrirá as súas portas no Museo do Pobo galego a mediados do vindeiro mes de outubro.

Comentarios
Lo más