Habilitadas outras 12 novas prazas de zona azul na rúa de Lugo e otras 4 para motos

Habilitadas outras 12 novas prazas de zona azul na rúa de Lugo e otras 4 para motos
Habilitadas outras 12 novas prazas de zona azul na rúa de Lugo e otras 4 para motos

As devanditas prazas sitúanse na banda esquerda indo en dirección ao Monumento dende a praza do Concello

Operarios da brigada de municipal de Obras están a traballar dende na ampliación da zona azul do casco urbano da cidade a través do pintado de doce novas prazas desta tipoloxía na rúa de Lugo máis outras catro destinadas a motos.

As devanditas prazas sitúanse na banda esquerda indo en dirección ao Monumento dende a praza do Concello, agás ás destinadas aos vehículos de dúas rodas, que se ubican na banda dereita na confluencia con Rosalía de Castro.

Cómpre lembrar que uso das prazas de zona azul na cidade son gratuítas estando limitado o tempo a un máximo de 90 minutos.

Coas 17 prazas azuis pintadas o pasado luns na travesía Canarias alcanzan a trintena o numero de prazas desta modalidade habilitadas esta semana no centro urbano para estacionar os turismos. Ademais, creáronse outras 3 prazas para motos en Travesía Canarias e 6 en Mariño de Rivera.

Comentarios