Hostelería presentará alegacións á modificación da Ordenanza de Terrazas

Hostelería presentará alegacións á modificación da Ordenanza de Terrazas
Hostelería presentará alegacións á modificación da Ordenanza de Terrazas

Foi aprobada onte inicialmente no Pleno só co voto favorable de Compostela Aberta, a abstención de BNG e PSOE e o voto en contra do PP

O Pleno da Corporación aprobou onte, de forma inicial, a modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería só co voto favorable de Compostela Aberta, a abstención do BNG e PSOE e o voto en contra do PP.

Os nacionalistas tiñan solicitado na Xunta de Portavoces – que se celebrou con anterioridade ao Pleno - que se retirara ese punto da sesión extraordinaria, petición á que se sumaron os socialistas no mesmo Pleno, coa fin de estudar e debatir máis en profundidade a iniciativa. Sen embargo, a solicitude foi denegada.

No seu tempo de intervención, os partidos da oposición criticaron a falta de diálogo e consenso por parte do Goberno Local con eles mesmos e co sector á hora de aprobar a modificación da Ordenanza. BNG e PSOE optaron pola abstención co obxectivo de abrir un periodo de negociación con axentes implicados que supoña mellorar a redacción da nova norma e outorgar unha maior seguridade xurídica aos afectados.

Ábrese agora, por tanto, unha fase de alegacións na que o sector presentará as súas propostas de cambio. A Asociación Hostelería Compostela – que asistiu ao Pleno representada polo seu xerente, Ramón García, e os directivos Lois Lopes e David Dopazo – xa amosara a súa discon- formidade coa modificación da Ordenanza tras unha asamblea que se celebrou na sede da en- tidade o pasado luns. Nela os hostaleiros sinalaron a súa preocupación polos cambios introducidos, especialmente polo que se refire ao lugar que ocuparán as terrazas no espazo público e que non deberán ir máis aló da fachada do local ao que pertencen.

Unha vez máis, Hostelería Compostela quera amosar a súa completa disposición para debatir e negociar co Goberno local o texto final dos artigos da nova Ordenanza que son controvertidos.

Comentarios
Lo más