Denuncian cun díptico e un vídeo as “obras de nunca acabar” no barrio de Vista Alegre

Denuncian cun díptico e un vídeo as “obras de nunca acabar” no barrio de Vista Alegre
Denuncian cun díptico e un vídeo as “obras de nunca acabar” no barrio de Vista Alegre

Os populares advirten que quedan sen atender aínda numerosos puntos “que afectan claramente á vida cotiá dos veciños”

Mediante o inicio dun reparto de dípticos na zona e un enlace a un vídeo nas redes sociais, o Grupo Popular lembra a situación do barrio de Vista Alegre “que leva máis de tres anos afectado por unhas obras de mellora de accesibilidade e mobilidade impulsadas definitivamente baixo o Goberno do Partido Popular e iniciadas cando presidía a Corporación Municipal o portavoz popular Agustín Hernández”.

No folleto informativo que se está a distribuír nos fogares e establecementos, cun título no que se contrapón no nome do barrio co “goberno triste” de Compostela Aberta, o Grupo Popular reclama o remate dos traballos ante a “incapacidade do goberno municipal para xestionar, algo que exaspera aos veciños e provoca que o barrio sufra o que se deu en chamar as obras de nunca acabar”. 

Novos equipamentos deteriorados e deficiencias sen atender

“A chapuza perpetrada en Vista Alegre é un exemplo da mala xestión dos recursos co resultado de que obras e equipamentos sen estrear xa estean estragados, oxidados e deteriorados, detállase no texto, mentres se destaca que despois de tres anos de obras aínda queden sen atender numerosos puntos que afectan claramente á vida cotiá dos veciños”.

Entres eles, “cítanse os problemas de accesibilidade, mala coordinación do movemento de vehículos, problemas de iluminación, falta de ocultación do cableado que segue ao aire a pesar de ter instaladas as tubaxes para evitalo, a ausencia de ascensores, bloques de vivendas sen rehabilitar, bancos sen respaldo, deficiencias no número de papeleiras, en varandas, axardinamento, zonas de xogo infantil ou colectores de lixo inutilizados e mala xestión da recollida en rúas como a de Boiro”.

“O texto refírese tamén á necesidade de intervir en zonas peonís como as rúas de Rianxo e Santa Uxía de Ribeira, invadidas por coches mal aparcados que impiden o acceso aos garaxes e dificulta o tránsito de persoas con mobilidade reducida. Ademais reclámase a instalación de sinalización vertical e horizontal, así como a mellora dos bordos das beirarrúas que supoñen un perigo para os vehículos, segundo as queixas veciñais”.

Os proxectos paras as obras para a mellora de mobilidade e accesibilidade do barrio de Vista Alegre teñen como finalidade a demolición das terrazas dos bloques de vivendas do ámbito de actuación, a supresión de barreiras arquitectónicas, a reordenación do tráfico, a apertura de rúas peonís, a canalización dos servizos existentes e doutros novos, a reordenación das zonas de aparcamento e o soterramento de colectores de lixo.

“Este proxecto estaba concibido en tres fases, as dúas primeiras foron adxudicadas en abril e decembro de 2014, cun prazo de execución de 7,5 meses e 10 meses, respectivamente. Iniciándose as primeiras obras en abril de 2015. A terceira e última fase –na que se incluíron algunhas modificacións da veciñanza- non foi adxudicada ata xullo de 2016, iniciándose as obras en agosto de 2016, cun prazo de execución de 5 meses. Polo tanto, e a pesar da lentitude na xestión da tramitación, as obras deberían ter rematado completamente a finais de decembro de 2016. En xullo de 2016, a Corporación Municipal –a iniciativa do Partido Popular- xa acordara por unanimidade –cos votos de Compostela Aberta- articular coa maior urxencia posible as medidas precisas para coordinar e rematar todas as obras de mellora de mobilidade e accesibilidade previstas no barrio de Vista Alegre.”

Comentarios