Numerosas persoas déronse cita o venres na Ponte Maceira para gozar das Noites en Vela

Numerosas persoas déronse cita o venres na Ponte Maceira para gozar das Noites en Vela
Numerosas persoas déronse cita o venres na Ponte Maceira para gozar das Noites en Vela

Nesta ocasión contouse coa actuación da Banda da Loba e rematou cun espectáculo pirotécnico, todo elo coa Ponte Maceira alumeada por un milleiro de candeas como escenario

Numerosas persoas acudiron a unha nova xornada das Noites en Vela, que tivo lugar o pasado venres, ás 22.00 horas, na Ponte Maceira. Dende a organización estiman que este ano houbo máis afluencia de público que en edicións pasadas. Os Concellos de Ames e Negreira son os organizadores desta iniciativa, que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), a Xunta de Galicia e GADIS.

A Banda da Loba foi o grupo encargado de amenizar esta nova Noite en Vela na Ponte Maceira. Este grupo está presentando por toda Galicia o seu primeiro traballo discográfico, Bailando as rúas, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Esta banda está composta por Andrea Porto, Inés Mirás, Marcela Porto, Estela Rodríguez e Xiana Lastra.

A Banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto. Destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico calidoscopio musical.

Ao final da noite, houbo tamén un espectáculo pirotécnico, que se realizou despois da actuación musical, dende a ponte medieval que divide os concellos de Ames e Negreira. Este é un iniciativa que ten o obxectivo de poñer en valor este lugar polo que discorre unha parte do Camiño Real de Santiago a Fisterra.

Comentarios
Lo más