A presidenta do Consello da Cultura Galega efectúa unha visita institucional ao Parlamento de Galicia

A visita enmárcase na rolda de contactos que a presidenta do Consello da Cultura Galega está a efectuar logo de tomar posesión

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, efectuou esta mañá unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibida polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

A visita enmárcase na rolda de contactos que a presidenta do Consello da Cultura Galega está a efectuar logo de tomar posesión.

O presidente do Parlamento reiterou a súa felicitación a Rosario Álvarez, fixo votos por unha xestión exitosa á fronte do Consello da Cultura Galega e brindoulle a colaboración institucional do Lexislativo Galego.

Comentarios