O Concello faralle unha recepción oficial a Blanca Millán, xogadora de baloncesto que milita na NCAA

O Concello faralle unha recepción oficial a Blanca Millán, xogadora de baloncesto que milita na NCAA
O Concello faralle unha recepción oficial a Blanca Millán, xogadora de baloncesto que milita na NCAA

Durante a segunda temporada o seu equipo proclamouse campión da súa conferencia e Blanca foi recoñecida a nivel individual como mellor xogadora da final

Blanca Millán Modia comezou a xogar ao baloncesto co equipo do colexio Peleteiro, de Santiago de Compostela, co que chegou a disputar cinco campionatos de España de clubs. Nese período foi convocada pola selección galega coa que tamén participou nos campionatos de todas as categorías obtendo a medalla de bronce co equipo cadete. Coa selección española Sub16 acadou tamén a medalla de bronce no Europeo de 2014. Ademais, formou parte do equipo galego de 3x3 proclamándose campioas de España en Valencia en 2016.

Na temporada 2016-2017, comezou a súa etapa universitaria na Universidade de Maine, Estados Unidos, sendo no seu primeiro ano nomeada novata da semana en dúas ocasións e incluída no mellor quinteto de novatas da temporada, así como no mellor quinteto da final.

Nesta segunda temporada o seu equipo proclamouse campión da súa conferencia e Blanca foi recoñecida a nivel individual como mellor xogadora da final e nomeada nos mellores quintetos ofensivo e defensivo da conferencia Este, así como no mellor quinteto xeral. Ademais de ser mellor xogadora da semana, novamente, en dúas ocasións, batendo algún récord de anotación e roubos de balón da liga e da Universidade na que realiza os seus estudos de fisioterapia.

Tamén durante estas últimas semanas estivo concentrada coa Selección Nacional no previo ao Europeo e descansa en Ames durante estes días antes de comezar unha nova temporada en Estados Unidos.

O alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, destaca "a impresionante proxección de Blanca, que de seguro, e por desgraza, se fose un rapaz tería moita máis repercusión a nivel nacional e autonómico. Ser a mellor na mellor liga feminina do mundo a nivel universitario é un logro do que os amesáns e as amesás sentímonos moi orgullosos e de aí este recoñecemento individual por parte da Corporación de Ames".

Comentarios
Lo más