Comezan as obras para o cambio do pavimento do pavillón polideportivo do Milladoiro por un importe de 65.339,27 euros

Comezan as obras para o cambio do pavimento do pavillón polideportivo do Milladoiro por un importe de 65.339,27 euros
Comezan as obras para o cambio do pavimento do pavillón polideportivo do Milladoiro por un importe de 65.339,27 euros

Esta semana comezaron as obras para o cambio do pavimento do pavillón polideportivo do Milladoiro. Estes traballos foron adxudicados por un importe de 65.339,27 euros á empresa Medulio Servicios y Obras SL

Esta semana comezaron as obras para o cambio do pavimento do pavillón polideportivo do Milladoiro. Estes traballos foron adxudicados por un importe de 65.339,27 euros á empresa Medulio Servicios y Obras SL. Esta mesma empresa, cando rematen os traballos no Milladoiro, executarán estas mesmas obras no pavillón de Bertamiráns que teñen un custe de 73.198,95 euros. Así, instalarase un novo pavimento de madeira, axeitado para a alta competición, en ambas instalacións. Na actualidade tamén se están arranxando os teitos de ambos pavillóns por máis de 13.000 euros.

Esta semana comezaron os traballos para a instalación dun novo pavimento deportivo no pavillón polideportivo do Milladoiro. Este proxecto, que será sufragado con cargo ao POS+ complementario de 2017, foi adxudicado á empresa Medulio Servicios y Obras SL.

Esta obra ten un custo de 65.339,27 euros (IVE incluído). A superficie na que se está actuando é de 1.101,38 metros cadrados. O pavimento actual é unha soleira de formigón pintada e estase instalando un novo pavimento de madeira axeitado para a alta competición en deportes como o baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol e patinaxe.

Esta mesma empresa, executará estes mesmos traballos, pero no pavillón de Bertamiráns. Neste caso, o proxecto, que foi adxudicado por un importe de 73.198,95 euros (IVE incluído), será sufragada con cargo ao Plan complementario do plan provincial de acción social (PAS). Dita actuación executarase nunha superficie de 1.210 metros cadrados coa mesma finalidade: instalar un novo pavimento de madeira.

O obxectivo é poder realizar estes traballos durante os meses de xullo e agosto, para que ditos pavillóns estean en condicións de poder ser usados de cara ao mes de setembro, coincidindo co inicio das actividades deportivas. Deste xeito, instalaranse dous pavimentos de madeira que son a mellor opción para a práctica das diferentes modalidades deportivas.

Estas obras súmanse ás que se están executando para a ampliación de ambos os dous pavillóns de deportes. Na actualidade a ampliación do pavillón do Milladoiro xa está practicamente rematada por un importe de 58.145,80 euros (IVE incluído). Este proxecto recolle a ampliación en 200 metros cadrados co obxectivo de executar unha nova sala-ximnasio. Asemade, na actualidade estase executando o proxecto que recolle a construción dun novo ximnasio e dunha pista de squash cuberta no pavillón de Bertamiráns. Esta obra foi adxudicada por un importe de 97.795,32 euros (IVE incluído).

Acondicionamento das cubertas dos pavillóns

Por outra banda, durante estas semanas estanse executando obras de acondicionamento das cubertas dos pavillóns de Bertamiráns e Milladoiro por un importe total de reparación de 13.398,94 euros. As obras pretenden dar solución aos problemas de filtrado de auga que tiveron lugar ao longo do presente curso e que os temporais de choiva do inverno agravaron notablemente.

O alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, explicou que “a mellora das instalacións deportivas é unha prioridade para este goberno ante a pouca influenza que tivo no pasado. Con estas actuacións imos a dar cumprimento a un dos compromisos mais lonxevos de anteriores lexislaturas e que os clubs de Ames estaban esperando con ansiedade”.

Comentarios
Lo más