Fallan os sistemas de seguridade antiincendios no Hospital Clínico

Fallan os sistemas de seguridade antiincendios no Hospital Clínico
Fallan os sistemas de seguridade antiincendios no Hospital Clínico

Dende a CIG-SAÚDE afirman que "a Xerencia de Xestión, lonxe dunha comunicación fluída cos delegados de prevención, agocha o caso, omitindo a notificación polas canles establecias á que están obrigados , nun intento de tapar e ocultar"



Ante a gravidade dos feitos acaídos o día 15 de Xullo sobre as 08.00 horas no Laboratorio do Hospital Clínico, onde unha máquina arde e ten que ser extinguida cos extintores por parte do persoal, CIG-SAÚDE denuncia "o fallo total e absoluto dos sistemas de seguridade que existen para previr tal continxencia, que dentro dun edificio hospitalario podería traer fatais consecuencias".

A CIG-SAÚDE denuncia debido ao seguinte: 

- "Non saltou ningún detector de fume dos que existen na zona, sendo o propio persoal quen tivo que dar a voz de alarma. O incidente, pudo ter sido unha verdadeira desfeita, se chega a acontecer nalgunha das distintas áreas nas que non hai persoal a fin de semana, ou incluso, habendo persoal, si este non o detecta a tempo e non dá a voz de alarma. Ou que pasaría si é nunha instalación que presta os seus servizos dentro do edificio hospitalario pero é allea tanto o persoal á área de Xestión: Ciclotrón, Fidis…."

-"Que o teléfono de emerxencia, central de averías, dispoñible para tal efecto, ante a falta de persoal e a non cobertura deste, nas quendas de noite dos días laborais e festivos as 24 hs está desviada a un teléfono de fóra non só do complexo hospitalario, senón de fóra da Comunidade Autónoma, polo cal o manexo das situacións de urxencia ou emerxencia están lonxe de ser garantes de seguridade".

Dende a CIG-SAÚDE afirman que "a Xerencia de Xestión, lonxe dunha comunicación fluída cos delegados de prevención, agocha o caso, omitindo a notificación polas canles establecias á que están obrigados , nun intento de tapar e ocultar".

Dende CIG-SAÚDE "e así consta nas actas correspondentes, leva anos solicitando, a presentación @s traballador@s a aplicación do plan de autoprotección que é o documento que recolle todos os medios materiais e a estrutura organizativa encamiñada a previr e controlar os riscos sobre aspersoas e os bens, e dar resposta axeitada as posibles situacións de emerxencias dunha actividade, centro ou establecemento . É decir, previr riscos, saber dar a voz de alarma e saber as vías de evacuación si é necesario".

Comentarios