Hostelería Compostela convoca ao sector a unha asamblea sobre as accións a levar a cabo trala aprobación polo Pleno da modificación da Ordenanza de Terrazas

Hostelería Compostela convoca ao sector a unha asamblea sobre as accións a levar a cabo trala aprobación polo Pleno da modificación da Ordenanza de Terrazas
Hostelería Compostela convoca ao sector a unha asamblea sobre as accións a levar a cabo trala aprobación polo Pleno da modificación da Ordenanza de Terrazas

Celebrarase o martes 31 de xullo ás 17:30 h. na sede da Asociación, na rúa Salvadas 29

Trala aprobación, de forma inicial, por parte do Pleno da Corporación da modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería, a Asociación Hostelería Compostela convoca a todo o sector a unha asamblea que terá lugar o próximo martes, 31 de xullo, ás 17:30 horas na sede da entidade, na rúa Salvadas 29.

En dita reunión informarase sobre a situación actual, debatiranse as propostas que se formulen e acordaranse as accións a levar a cabo.

Esta é a segunda Asamblea que organiza a Asociación desde que o Concello anunciase a modificación da Ordenanza. Na primeira reunión, celebrada o 16 de xullo, os hostaleiros amosaron a súa preocupación polos cambios introducidos, especialmente polo que se refire ao lugar queocuparán as terrazas no espazo público e que non deberán ir máis aló da fachada do local ao que pertencen.

O 19 de xullo celebrouse o Pleno onde se aprobou o texto - só co voto favorable de Compostela Aberta, a abstención do BNG e PSOE e o voto en contra do PP - abríndose entón un período para presentar alegacións.

O encontro do próximo martes 31 enmárcase dentro do obxectivo xeral da Xunta Directiva da Asociación de fomentar o diálogo e a unión do sector en Compostela, escoitando as súas demandas e servindo de ponte coas distintas administracións para a defensa dos seus dereitos.

Unha vez máis, Hostelería Compostela quera amosar a súa completa disposición para debatir e negociar co Goberno local o texto final dos artigos da nova Ordenanza que son controvertidos.

Comentarios
Lo más