Éxito de participación no Día da Maxia en Ribeira
13:18 27/07/18
13:18 27/07/18
O evento está incluído na programación da Fiestra da Cultura e co patrocinio de Ler Conta Moito
Arredor de 250 rapaces acudiron esta mañá á carpa de usos múltiples situada fronte ao mercado para festexar o Día da Maxia.
Incluído na programación da Fiestra da Cultura e co patrocinio de Ler Conta Moito, a actividade, de dúas horas de duración, contou coas actuacións dos prestidixitadores Pedro Bugarín e Mago Teto.