Ames aproba en pleno un convenio de colaboración con Teo na xestión da EDAR Calo-Milladoiro

Ames aproba en pleno un convenio de colaboración con Teo na xestión da EDAR Calo-Milladoiro
Ames aproba en pleno un convenio de colaboración con Teo na xestión da EDAR Calo-Milladoiro

Tamén se aprobou unha moción presentada por vía de urxencia sobre a resolución dun recurso de reposición presentado contra as bases para a elección de xuíz/a de paz substituto do Concello de Ames

Este xoves, 26 de xullo, celebrouse o pleno ordinario do mes de xullo no que a Corporación municipal deulle luz verde á participación no Plan POS + Adicional 1/2018; a aprobación definitiva do Plan especial de Reforma Interior do ámbito de solo urbanizable non consolidado APR P.B4-07 “Rego dos Pasos Norte” do PXOM; a aprobación do convenio de colaboración entre os concellos de Teo e Ames co obxecto de regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión da EDAR Calo-Milladoiro; a aprobación da segunda modificación do Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames (período 2017, 2018 e 2019), e a proposta do grupo municipal popular de Ames sobre igualdade de mulleres e homes nos nomes das rúas.

Tamén se aprobou unha moción presentada por vía de urxencia sobre a resolución dun recurso de reposición presentado contra as bases para a elección de xuíz/a de paz substituto do Concello de Ames e deixouse encima da mesa outra moción presentada por vía de urxencia de Ames Novo sobre o servizo municipal de comedores escolares.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o convenio de colaboración entre os concellos de Teo e Ames co obxecto de regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión da EDAR Calo-Milladoiro. En xullo de 1998 realizouse o proxecto básico da obra de saneamento en Calo e Milladoiro por parte da Xunta de Galicia. Para o cálculo do dimensionamento da EDAR no anteproxecto estimouse a poboación futura (na área de influencia da EDAR) dos dous concellos no ano 2023. Tendo en conta a realidade actual de ambos concellos, considérase neste momento máis conveniente utilizar outro criterio para o reparto dos custes, concretamente o número de vivendas conectadas á EDAR Calo-Milladoiro. Para este fin, cada concello confeccionará anualmente unha listaxe de vivendas conectadas ó servizo de saneamento que verten á EDAR Calo-Milladoiro, con indicación do enderezo de cada vivenda conectada e titular do servizo.

Asemade, co obxecto de dispor dun estudo de custos, por acordo entre as alcaldías dos dous concellos, a principios de 2014 solicitouse a Augas de Galicia que realizase un estudo técnico de custes da EDAR Calo-Milladoiro. Este estudo, realizado por IDOM, Consultora de Aguas de Galicia, establece un custo de xestión total de 149.869,85 euros/ ano. Neste montante incluíase o custo variable da electricidade, nese ano estimada en 41.437,36 euros, polo que o custe de xestión, excluída electricidade, é de 108.432,49 euros/ano. Estas cifras son sen IVE.

En base ao convenio, que vén de aprobarse en pleno, corresponderalle ao Concello de Teo a administración, control da xestión e mantemento da instalación da EDAR Calo- Milladoiro. Para os custos anteriores ao 2019 aplicarase o criterio do número de habitantes debendo o Concello de Ames aboar ao Concello de Teo un total de 295.815,43 euros correspondente ás anualidades que van de 2013 a 2017. A anualidade de 2018 aínda está pendente de liquidación. As anualidades de 2013 e 2014 terán que aboalas antes do 31 de decembro de 2018; ás de 2015, 2016 e 2017, antes do 31 de decembro de 2019; e a de 2018, antes do 31 de decembro de 2020.

Comentarios
Lo más