O Concello de Ames realízalle unha recepción oficial a Blanca Millán, xogadora de baloncesto que milita na NCAA

O Concello de Ames realízalle unha recepción oficial a Blanca Millán, xogadora de baloncesto que milita na NCAA
O Concello de Ames realízalle unha recepción oficial a Blanca Millán, xogadora de baloncesto que milita na NCAA

A xogadora de baloncesto amesá Blanca Millán, que compite na National Collegiate Athletic Association (NCAA) formando parte da Universidade de Maine, foi recibida no salón de Pleno da Casa do Concello de Bertamiráns por varios concelleiros e concelleiras da Corporación municipal

A xogadora de baloncesto amesá Blanca Millán, que compite na National Collegiate Athletic Association (NCAA) formando parte da Universidade de Maine, foi recibida no salón de Pleno da Casa do Concello de Bertamiráns por varios concelleiros e concelleiras da Corporación municipal, que aproveitaron para agasallar á deportista cun prato coa “A” de Ames, elaborado pola artesá Ana Rosa Lista, e un libro con fotografías de Ames. Antes de rematar o acto, Blanca Millán, asinou no Libro de Honra do Concello.

Durante dita cerimonia, a xogadora elixida como a mellor da temporada na Conferencia Este da NCAA, falou dos seus obxectivos para os próximos dous anos, que son “os mesmos que este ano, se pode ser gañar a conferencia outra vez, seguir crecendo como xogadora pero tamén como persoa, que ao fin e ao cabo é o importante, e saír de alí co meu grao en Fisioterapia”.

Para conseguir volver a alzarse como campioas da súa conferencia, tanto ela como as súas compañeiras de equipo adestrar arredor dunhas 3 horas ó día en pista, ao que 4 ou 5 días teñen que engadir facer pesas e correr. Sen embargo, pese ao esforzo que supón conciliar a vida académica e deportiva, durante o acto animou a outros rapaces e rapazas a estudar fóra, posto que “alí coñeces xente de todo o mundo, e dáste conta que tes que estar aberto a todo, e ao fin e ao cabo aprendes cousas tanto da túa cultura como de outras, fas amizades que van a durar toda a vida”.

Ao remate do acto, Genma Otero, primeira tenente de alcalde, fíxolle entrega a Blanca dun libro con imaxes de Ames e un prato con “A” de Ames elaborado por Ana Rosa Lista, artesá de encaixe e veciña das Punxeiras Altas (Ortoño). Antes e rematar o acto, Blanca Millán, asinou no Libro de Honra do Concello.

Destacados logros deportivos

Blanca Millán Modia comezou a xogar ao baloncesto co equipo do colexio Peleteiro, de Santiago de Compostela, co que chegou a disputar cinco campionatos de España de clubs. Nese período foi convocada pola selección galega coa que tamén participou nos campionatos de todas as categorías obtendo a medalla de bronce co equipo cadete. Coa selección española sub 16 acadou tamén a medalla de bronce no Europeo de 2014.

Ademais, formou parte do equipo galego de 3x3 proclamándose campioas de España en Valencia en 2016.

Na temporada 2016-2017, comezou a súa etapa universitaria na Universidade de Maine, Estados Unidos, sendo no seu primeiro ano nomeada novata da semana en dúas ocasións e incluída no mellor quinteto de novatas da temporada, así como no mellor quinteto da final.

Nesta segunda temporada o seu equipo proclamouse campión da súa conferencia e Blanca foi recoñecida a nivel individual como mellor xogadora da final e nomeada nos mellores quintetos ofensivo e defensivo da conferencia Este, así como no mellor quinteto xeral. Ademais de ser mellor xogadora da semana, novamente, en dúas ocasións, batendo algún récord de anotación e roubos de balón da liga e da Universidade na que realiza os seus estudos de fisioterapia.

Tamén durante estas últimas semanas estivo concentrada coa Selección Nacional no previo ao Europeo e descansa en Ames durante estes días antes de comezar unha nova temporada en Estados Unidos.


Comentarios
Lo más