O Concello de Ames presenta o Plan de Actuación Forestal para este ano 2018

O Concello de Ames presenta o Plan de Actuación Forestal para este ano 2018
O Concello de Ames presenta o Plan de Actuación Forestal para este ano 2018

Os medios e o persoal do que dispón o Concello son a brigada de medio ambiente, o persoal das distintas concellarías de medio ambiente e obras públicas, o parking móbil, grúa con cesto municipal e mailo tractor lanzadeira

Como nos últimos anos, a xuntanza serviu para dar a coñecer aos asistentes o plan contra incendios deste ano. Fíxose un relatorio do plan de actuación e coordinación dos servizos, en caso de emerxencia, no que destaca como novidade a inclusión dunha brigada de Protección Civil, que será o interlocutor do Concello co director de extinción para preguntarlle sobre a situación (nivel de risco 0, 1, 2 ou 3 segundo o definido no PLADIGA 2017). O director de extinción será o que decida se o Concello debe mobilizar os seus medios propios, e en caso afirmativo ten que decidir cales son os medios necesarios. En caso de ter que mobilizar medios propios o responsable de protección Civil terá que avisar ao alcalde, que será o encargado de avisar aos concelleiros de Medio Ambiente e Obras, para poñer en funcionamento o plan municipal de actuación forestal.

Os medios e o persoal do que dispón o Concello son a brigada de medio ambiente, o persoal das distintas concellarías de medio ambiente e obras públicas, o parking móbil, grúa con cesto municipal e mailo tractor lanzadeira. Ademais, dentro de dito plan, cóntase cos medios da empresa espina & Delfín (pala mixta, dumper xiratorio, camión grúa, pick-up, grupo electróxeno 5KVA e unha desbrozadora), pala de rodas e cadeas, un tractor cisterna de empresa Urbaser, un tractor forestal, un tractor municipal e autobuses da empresa Rías Baixas.

A xuntanza tamén serviu para coñecer as modificacións nos contactos a mobilizar, en caso de necesidade. O Concello ten elaborado unha listaxe de equipamentos e contactos que podería mobilizar en relación co Plan de prevención e extinción de incendios forestais. Moito do persoal e material está dispoñibles as 24 horas do día (persoal de Protección Civil, o condutor do tractor cisterna con lanzadeira, o camión cisterna que dispón de 10.000 litros de carga, os medios da empresa Espina & Delfín, así como o persoal municipal inclluído dentro de dito plan). Neste sentido destaca a cantidade de material do Concello que se atopa inventariado para o seu uso (mascarillas, gafas, solapas, cascos, chalecos, buzos, puntas de lanxa, antorchas, batelumes, mangueiras, palas, fouces, picarañas, sachos, laias,s erras, cantimploras, fouciños de monte, machadas, rastrillos e forcadas).

O alcalde de Ames, José Miñones, indica que “desde o goberno municipal agardamos que o número de incendios deste ano poidan rebaixarse e que os programas de prevención postos en marcha, así como o traballo de desbroce e os envíos masivos de cartas, que se realizou e se está realizando na actualidade, servan para minorar o risco de incendios forestais”.

Control exhaustivo do inventario de hidrantes

Durante estas semanas levouse un control exhaustivo do inventario e do estado dos hidrantes, facéndose unha relación dos mesmos que con respecto a anos anteriores incrementáronse coa presenza de 7 novos puntos de carga de xeito que o concello contará cun total de extinción da encargada de 34 puntos distribuídos nas parroquias de Covas (1), Ames (4), Bugallido (2), Ortoño (7) e Biduído (20). 

Comentarios