Este luns, no Obradoiro ás 17:00 horas, saberase se Mikel Azparren supera o reto de completar o Camiño de Santiago en bicicleta en 24 horas

Este luns, no Obradoiro ás 17:00 horas, saberase se Mikel Azparren supera o reto de completar o Camiño de Santiago en bicicleta en 24 horas
Este luns, no Obradoiro ás 17:00 horas, saberase se Mikel Azparren supera o reto de completar o Camiño de Santiago en bicicleta en 24 horas

A saída retrasouse ás 17:00 horas do domingo en Roncesvalles por mor do vento. Os primeiros quilómetros do reto estiveron marcados pola néboa intensa

 

O ciclista donostiarra Mikel Azparren xa pedalea no seu reto de facer o Camiño de Santiago, desde Roncesvalles, en menos de 24 horas; para así bater a súa propia marca de 24 horas 15 minutos e 35 segundos acadada no 2015. A chegada prevista á Praza do Obradoiro é ás 17:00 horas do luns 30, xa que a saída demorouse por mor do vento en parte do percorrido. Os primeiros quilómetros do reto estiveron marcados pola néboa intensa.


É a cuarta vez na que se enfronta a esta proba que consta do Camiño Francés íntegro, atravesando terras de Navarra, A Rioxa, Burgos, León, Lugo e A Coruña. A media prevista para conseguilo é de 35 quilómetros por hora, realizando a primeira parada en León, tras 12 horas de tirada. Despois tocará enfrontarse á Cruz de Ferro e ao empeoramento da orografía, con entrada en Galicia por Pedrafita do Cebreiro.

Segundo apuntou o propio Azparren, os seus principais inimigos serán o vento e mailo sono. A dirección e a forza do primeiro, no páramo entre Burgos e León, serán claves para acadalo.Nunha anterior ocasión Azparren quedou durmido sobre a bicicleta e acabou chocando contra unha igrexa, polo que manterse ben espelido entre as 5 e as 8 horas será fundamental.

Como apoio, o ciclista vai acompañado de 3 vehículos que levan roupa para os cambios e sushi, comida que acompaña as barriñas ou xeles enerxéticos. Para hidratarse, debe beber litro e medio de auga cada hora.

En 2015 perdera 9 quilos de peso durante esas pouco máis de 24 horas e 15 minutos que investiu en completar o Camiño Francés. Un grupo de xuíces é o encargado de verificar que a proba se fai con xeito.

Comentarios