O Mesón do Vento vive a súa XXVII Mostra de Cans de Caza

O Mesón do Vento vive a súa XXVII Mostra de Cans de Caza
O Mesón do Vento vive a súa XXVII Mostra de Cans de Caza

A xornada do sábado estivo marcada polas distintas competicións e probas, algunhas delas puntuable para a Copa Galicia, como foi o caso da de rastro de xabaril

Milleiros de afeccionado á caza déronse cita esta fin de semana no Mesón do Vento, que durante esta fin de semana acolleu da XXVII Mostra de Cans de Caza

A xornada do sábado estivo marcada polas distintas competicións e probas, algunhas delas puntuable para a Copa Galicia, como foi o caso da de rastro de xabaril. Ese mesmo día tamén se disputou o Campionato Júnior para mozos e mozas ata os 14 anos.

Pero sen dúbida o día máis importante foi o domingo, cando máis de 3.000 cans de caza pertencentes a 200 mandas distintas se distribuíron polas docenas de xaulas que ocuparon o campo da feira local e o interior da nave de gando. Exhibicións de parada de cans de perdiz, de rastro de xabaril completaron o programa deste día, no que se contou coa colaboración do centro de adestramento de Abegondo G.T. Brétema.

Por suposto non faltaron os postos onde poder mercar todo tipo de aparellos e equipos cinexéticos. O público asistente tamén puido probar puntería nun simulador de tiro gratuíto. Entre as entidades e firmas comerciais colaboradoras desta edición, organizada pola Asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil, figuran: Concello de Ordes, Arion, Agro Visantoña e a Federación Galega de Caza.

Comentarios