Mikel Azparren tivo que abandonar o reto de completar o Camiño de Santiago en bicicleta en menos de 24 horas

Suspéndese a recepción na Praza do Obradoiro prevista para esta tarde

Non puido ser. Mikel Azparren tivo que baixarse da bicicleta, sen forzas, na noite de onte en Logroño e non puido superar o seu reto de percorrer o Camiño de Santiago, íntegro desde Roncesvalles, en menos de 24 horas.

Coa voz entrecortada polo esgotamento, o donostiarra comentaba dende A Rioxa que nunca estivo cómodo. “Desde a hora e media ía baleiro. Non atopo ningunha explicación. En ningún momento gocei do pedaleo, sen golpe de pedal, sentía que non podía… Non sei que puido ser”.

A expedición optou por desprazarse a Euskadi e, deste xeito, suspéndese a recepción na Praza do Obradoiro prevista para esta tarde.

Deste xeito, a marca de Mikel Azparren para realizares o Camiño Francés de xeito íntegro segue estando en 24 horas 15 minutos e 35 segundos, lograda en 2015.

A saída tivo lugar en Roncesvalles, ás 17:00 horas de onte domingo no medio dunha intensa néboa; unha dificultade engadida a este desafío.

Comentarios