Presentación da exposición "Moncho Valcarce. Unha vida de compromiso con Galicia"

Presentación da exposición "Moncho Valcarce. Unha vida de compromiso con Galicia"
Presentación da exposición "Moncho Valcarce. Unha vida de compromiso con Galicia"

Terá lugar hoxe no Museo do Pobo Galego as 19:00 horas

Hoxe martes, 31 de xullo de 2018, ás 19:00 horas, inaugúrase no Museo do Pobo Galego a exposición producida pola Irmandade Moncho Valcarce que, precisamente, versa sobre a vida e actividade do "Cura das Encrobas".

A Irmandade Moncho Valcarce é unha asociación impulsada polos amigas/os e compañeiras/os de Moncho, aberta a todas as persoas que se identifiquen cos valores que el defendía, e ten como misión perpetuar a memoria deste crego, como exemplo de dignidade, entrega e compromiso co pobo galego.

Ramón Valcarce Vega, o Cura das Encrobas (1935-1993) foi crego de Sésamo-Sueiro, parroquias rurais que marcaron o seu compromiso cos labregos poñéndose ao seu carón contra as inxustizas que soportaron sobre todo na época da transición. Son exemplo delo as loitas das Encrobas, Baldaio, Xove, As Enchousas, Larín, Cota empresarial,etc.

En todas elas Moncho estivo ao servizo dos labregos coa súa humildade, lonxe de calquera protagonismo, pero tamén coa súa firmeza. Por elo foi perseguido, preso, golpeado, multado, acusado de atentar contra a forza pública e incluso abandonado pola xerarquía eclesiástica.

A pesares deses intentos de desprestixio de Moncho, non puideron evitar que se convertera en referente carismático das loitas agrarias do posfranquismo dende una opción nacionalista. Ideoloxía asumida como militante, sendo membro da ANPG, concelleiro do BNG e membro dos CALL e das CCLL.

Hoxe Moncho Valcarce pertence xa ao ronsel de personaxes históricos do agrarismo galego e como tal hai que recoñecelo. De aí esta exposición que se presenta co obxecto de lembrar o seu significado no contexto das loitas agrarias nas que Moncho participou activamente, e que por ser dirixidas dende o acionalismo significaron un punto de inflexión fundamental no seu avance.

Comentarios