Persoal dos PACs de Santiago mobilizáronse esta mañá diante do CHUS

Persoal dos PACs de Santiago mobilizáronse esta mañá diante do CHUS
Persoal dos PACs de Santiago mobilizáronse esta mañá diante do CHUS

Denuncian a deixadez por parte do Sergas na negociación na que están inmersos

Os traballadores sanitarios dos PACS de Galicia, inmersos nun proceso de negociación coa Administración Sanitaria pola defensa e a mellora da asistencia sanitaria dos pacientes e das súascondicións laborais, denuncian a "deixadez" por parte do Sergas no desenvolvemento desta negociación, dilatando o proceso  e ofrecendo poucas ou nulas posibilidades de avance.

Como mostra do desacordo coa actual vía aberta de diálogo, os traballadores reuníronse hoxe nas diferentes EOXI onde solicitaron formalmente que se axuste a xornada laboral ordinaria de forma inmediata segundo o reflectido no pacto 2008 sobre Ordenación en Provisión de postos de traballo no ámbito da atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Comentarios
Lo más