"Máis de dous anos sen rastro da pérgola que o Tripartito retirou da Praza de Chavián de Bertamiráns"

"Máis de dous anos sen rastro da pérgola que o Tripartito retirou da Praza de Chavián de Bertamiráns"

No Pleno de febreiro de 2017 o Grupo Popular preguntou sobre se a retirada da infraestrutura era definitiva ou, se pola contra, volvería colocarse

"Os diferentes gobernos locais de Ames sempre prestaron unha atención especial ao coidado e mantemento da Praza de Chavián, en Bertamiráns; un dos lugares de reunión máis concorridos do  municipio e onde, a diario, un considerable número de veciños, maiores e pequenos, reúnense para charlar e xogar nos seus diferentes espazos. A praza conta cun parque infantil, pistas deportivas, terrazas e zona de descanso onde visitantes e veciños atópanse e gozan"

En anos pasados, a principios do verán "a brigada municipal de obras acometía os labores de mantemento dos elementos de mobiliario urbano que se atopaban en mal estado, incluída a pérgola existente". No verán do 2016, o Grupo Municipal Popular "mostrou a súa preocupación polo estado de mantemento e coidado da praza; situación que evidenciaba como, para o Tripartito de Ames, a limpeza e mantemento do emblemático lugar non era unha cuestión prioritaria; e sinalaba especialmente a zona de descanso xunto ao quisco e fronte aos contedores subterráneos de lixo. Os bancos non se limpaban, as plantas enredaderas da pérgola, que daban sombra, estaban descoidadas, e o mesmo pasaba coas árbores próximas á pérgola, a cal, no canto de ser acondicionada convenientemente para a tempada, foi desmontada e retirada".

No Pleno ordinario da Corporación celebrado o 23 de febreiro de 2017, o Grupo Municipal Popular preguntou se a retirada da citada pérgola obedecía a un desmantelamento definitivo ou, se pola contra, volvería colocarse.

"A resposta do Tripartito, tal e como recolle o acta da sesión plenaria, foi: estase pedindo un orzamento para repoñerla porque a falta de mantemento fixo que se deteriorase, non se fixo mantemento nos últimos anos e era perigosa para a xente que pasaba por alí”.

No Pleno do 29 de maio de 2017 o Grupo Popular preguntou "se xa se tiña o orzamento que se estaba pedindo. Nesta ocasión o Tripartito eludiu responder expresamente ao solicitado, non fixo referencia algunha ao orzamento para a súa reposición, e limitouse a manifestar que, a curto prazo”, non se ía a instalar nada, pois o gasto non se contemplou nos orzamentos municipais.

Pasaron máis de dous anos desde que se retirou a pérgola e aínda non se volveu a instalar. Evidentemente pasou un tempo máis que suficiente para pedir e recibir orzamentos, tal e como se contestou, e con todo este verán os veciños, sobre todos os maiores, tampouco poderán sentar e descansase á sombra da pérgola.

Se tomamos en consideración o silencio existente sobre o suposto ou supostos presupostos solicitados, o atraso na reinstalación da pérgola, e a falta de partida orzamentaria para reinstalar a pérgola tamén nos orzamento 2018, todo indica que o Tripartito non ten intención de volver montala.

Comentarios
Lo más