As Festas do Apóstolo chegaron ao seu fin

As Festas do Apóstolo chegaron ao seu fin

O espectáculo tivo unha duración de 18 minutos e contou cun total de 4.984 efectos de disparo e case 444 quilos de pólvora

As festas do Apóstolo puxeron onte punto e final ao ritmo de Rosalía e do seu flamenco. Xa entrada na madrugada, dende o Campus Sur, os fogos artificiais pecharon completamente as festas de este ano. O espectáculo tivo unha duración de 18 minutos e contou cun total de 4.984 efectos de disparo e case 444 quilos de pólvora.

Unha representación cidadá puido ver os fogos dende a terraza do Pazo de Raxoi, despois da recepción que o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación fixa a integrantes das asociacións veciñais e do Consello de Relacións Veciñais. Foi ás 22:30 horas, recuperando así un acto que non puidera realizarse en 2017 a causa das obras na terraza do Pazo de Raxoi.

Rematados os fogos a atención centrouse en dous espazos, no Paseo Central da Alameda, coa orquestra Assia, e na praza do Toural, cos Cantos de Taberna de Manolo Bacalhau.

Comentarios