Lara López, campioa nacional de Relevo Sprint Praia

Lara López, campioa nacional de Relevo Sprint Praia

Trátase do único ouro absoluto para Galicia obtido nesta competición

Novo logro para a deportista ordense Larav López. Esta fin de semana xunto as súas compañeiras do Club Sasa, Amanda Fernández, Irene Lasarte e Paula Agra, veñen de proclamarse campioas de España absolutas na proba de Relevo Sprint Praia no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Absoluto, desputado en Noja (Cantabria). 

Trátase do único ouro absoluto para Galicia obtido nesta competición. Un bo remate de tempada para a socorrista local despois de proclamarse hai escasos días campioa galega absoluta na proba de Sprint Praia.

Comentarios
Lo más