O BNG insiste que a mellor opción é a ‘remunicipalización’ da Escola de Música

O BNG insiste que a mellor opción é a ‘remunicipalización’ da Escola de Música

O servizo xa foi de xestión directa “pois naceu con profesionais da banda municipal”

  1. Despois de ter coñecemento da resolución do Tribunal especial de contratación na que se lle obriga ao Concello a non exclusión a única oferta presentada ao concurso “Servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización dos diferentes programas educativos e das actividades da escola municipal de música de Santiago de Compostela” e a retomar o procedemento de adxudicación coa realización dunha nova mesa de contratación.
  2. O grupo municipal do BNG insiste, e tal é como, xa o formulou cunha moción no pleno do mes de maio do actual ano , que se iniciaran, de urxencia os procedementos para asumir a xestión directa da Escola Municipal de Música co fin de ofrecer un servizo público de calidade que atenda os principios de equidade social e rendibilidade. A portavoz Goretti Sanmartín, insiste que este servizo xa foi de xestión directa “pois naceu con profesionais da banda municipal” A iniciativa fora aprobada cos votos do BNG e do PSOE, mentres CA e PP abstivéranse.

  3. Goretti Sanmartín explicou que a EMM “non ten ningún dos problemas máis graves que tivo a remunicipalización da ORA, pois aquí non hai parquímetros, parcelas,... posto que todo o equipamento é municipal e só hai que contratar persoal” tamén a portavoz recalcou que “o compromiso claro de que os votos do BNG tenos asegurados para ‘remunicipalizar‘ a Escola Municipal de Música, polo tanto é unha decisión política de CA mais é evidente que optan por outra vía”

Comentarios