Xosé Manuel Rodríguez clausura a primeira quenda dos cursos de verán de natación

Xosé Manuel Rodríguez clausura a primeira quenda dos cursos de verán de natación

Nesta primeira quenda, que terá continuación durante o mes de agosto, participaron algo máis de 50 menores en total

O concelleiro Xosé Manuel Rodríguez participou onte na clausura dos cursos de natación correspondentes ao mes de xullo. O acto de celebración tivo lugar na piscina municipal do Muíño, onde ademais de recibir o seu diploma e a súa medalla os nenos e nenas tamén foron obsequiados con lambetadas. 

Nesta primeira quenda, que terá continuación durante o mes de agosto, participaron algo máis de 50 menores en total.

Comentarios
Lo más