Máis de 50 rapaces e rapazas participaron do Campamento de Patinaxe nas instalacións do IES do Milladoiro

Máis de 50 rapaces e rapazas participaron do Campamento de Patinaxe nas instalacións do IES do Milladoiro
Máis de 50 rapaces e rapazas participaron do Campamento de Patinaxe nas instalacións do IES do Milladoiro

Durante o pasado mes de xullo desenvolveuse nas instalacións do ES do Milladoiro o Campamento de Patinaxe organizado polo Club de Patinaxe Artística Omega, en colaboración co Concello de Ames, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia

Os máis de 50 rapaces e rapazas que participaron do Campamento de Patinaxe alternaron os adestramentos desta disciplina deportiva con varias actividades que fixeron do mes de xullo unha época de diversión para todos os participantes. De feito, foron 38 os nenos e nenas, de 12 e 13 anos, os que participaron do campamento no seu horario completo. Dende primeira hora da mañá, incorporáronse aos adestramentos de patinaxe e alternaron con outras moitas actividades, como baile, manualidades, diferentes xogos e, como non, a piscina. Incluso aproveitaron o tempo para dar clases de teatro e amosar as súas dotes como actores, actrices e guionistas. Unha actividade que gustou moito a todos os nenos e nenas que acudiron ao campamento.

Ademais, un grupo de 15 rapaces e rapazas, de entre 14 e 16 anos, participaron dos adestramentos de patinaxe, para seguir mellorando a súa técnica e non perder o contacto co patín na época estival. Dende o Club de Patinaxe Artística Omega amosaron a súa satisfacción pola alta participación no Campamento e pola aceptación tan boa que tiveron as novas actividades que incluíron este ano. Estas desenvolvéronse en dúas aulas e no patio do IES do Milladoiro. A elevada participación no campamento volve amosar a importancia e bo acollemento que ten o patinaxe en Ames, unha disciplina deportiva que cada ano conta con máis adeptos no noso concello.

Comentarios
Lo más