Reyes asegura que o vertedoiro de Miramontes supón un "serio problema"

Reyes asegura que o vertedoiro de Miramontes supón un "serio problema"
Reyes asegura que o vertedoiro de Miramontes supón un "serio problema"

Reyes explicou que hai dúas semanas os concelleiros socialistas mantiveron unha reunión coa plataforma de veciños de Grixoa afectados

O concelleiro socialista Paco Reyes asegurou esta mañá que o vertedoiro de Miramontes supón un "serio problema" e insta ás autoridades competentes, nomeadamente á Xunta, a "tomalo en serio", suspendendo, se é necesario, a actividade ata que se subsanen todas as incidencias detectadas tanto polos veciños como polo informe de Augas de Galicia. Reyes explicou que hai dúas semanas os concelleiros socialistas mantiveron unha reunión coa plataforma de veciños de Grixoa afectados, que amosaron que nas augas existe materia orgánica biodegradable nunhas porcentaxes que superarn os máximos legais e que, polo tanto, obrigaría á intervención inmediata do Executivo Galego para paralizar a actividade.

O edil tamén respostou ao PP, "que ten a teima de culpar ao goberno de Touriño do que está a acontecer", lembrando que a autorización do entón goberno da Xunta foi limitadísima e unicamente para materiais inorgánicos, mentres que o Partido Popular "foi ampliando as autorizacións ata chegar a isto".

Ademais da reunión de hai uns días coa plataforma de afectados -afectados que, como destacou Reyes, pode ser todo o municipio en función da afectacíón que teña o vertedoiro nos ríos e regatos-, o voceiro informou das iniciativas levadas a cabo polo grupo parlamentario socialista, e dun xeito especial por parte de Xoaquín Fernández Leiceaga e Patricia Vilán.

Así, entre outras -das que se deu conta no Concello a través de roldas de prensa en ocasións anteriores-, o pasado mes de marzo os dous deputados solicitaban por rexistro parlamentario todos os informes da Consellería de Medio Ambiente e de Augas de Galicia que determinen os efectos dos metais pesados sobre o regato e río de Miramontes, así como á de Sanidade os informes dende 2009 ata a actualidade que determinen os efectos dos metais pesados sobre a saúde humana.

Malia que esta última cuestión non foi atendida por parte da Xunta -Vilán ten convocatoria para acceder ao expediente o vindeiro 4 de setembro-, si existe informe de Augas de Galicia de febreiro de 2018 que, polo menos, fala dunha serie de incidencias, como a falla de recollida de augas perimetrais para evitar a saída deste material, o feito de que as zonas de almacenaxe para maduración e/ou estabilización se atopen sobrepasando a cuberta tellada actual (que produce que este material permaneza á intemperie); ou que a zona de espera do material xa elaborado estea en terreo decapado e sen cuberta, polo que tamén exposto ás inclemencias meteorolóxicas.

Nesta liña, Augas de Galicia fai ase seguintes recomendacións: reubicar as parcelas a tratar, e as adicadas a almacenaxe de tecnosolos de aplicación; mellorar e redireccionar as pistas de acceso cercanas; cubrir a zona de recepción, mezcla e almacenaxe; instalar piezómetros que garantan a inocuidade das augas soterradas e puntos de enálise en zonas diferenciadas; e garantir a ausencia de arrastre de material dos cámións, mediante a colocación de balsa de lavado ou outros sistema válido.

Por todo isto, Paco Reyes afirma que estamos ante un "serio problema" que debe obrigar á Xunta a actuar con seriedade e a suspender, se é necesario, a actividade de Miramontes mentres non se subsanen todas deficiencias, moitas das que detallan os propios informes da administración autonómica.

Comentarios
Lo más