Servizo de aseos móbil accesible a minusválidos e fío musical uniforme na zona de atraccións nas festas de Ribeira

Servizo de aseos móbil accesible a minusválidos e fío musical uniforme na zona de atraccións nas festas de Ribeira

Un servizo de aseos móbil que está ubicado xunto ao edificio de Capitanía no Malecón: está atendido por unha persoa as 24 horas e dispón de varios habitáculos, algúns dos cales están destinados a minusválidos 

Como novidade e promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ribeira, as festas de verán teñen dous significativas novidades que redundan na comodidade e benestar dos cidadáns que están a acudir a esta celebración.

Por unha parte, un servizo de aseos móbil que está ubicado xunto ao edificio de Capitanía no Malecón: está atendido por unha persoa as 24 horas e dispón de varios habitáculos, algúns dos cales están destinados a minusválidos. Da man do Concello xa se contou cun servizo semellante durante a festa da Dorna.

Ademais, este ano por primeira vez a zona das atraccións conta cun fío musical para que soen uniformemente os mesmas temas, sempre dentro dos decibelios que permite a normativa.

“Amontonados por Azar”

Por outra banda, este segundo día de festas contou coa actuación de H2 Olga e o seu espectáculo “Amontonados por Azar” na praza do Concello, ao que acudiron multitude de cativos, entre eles os de campamentos de conciliación.

Comentarios
Lo más