Rianxo preparado para o seu "II Tríatlon Concello de Rianxo"

Rianxo preparado para o seu "II Tríatlon Concello de Rianxo"

A proba dará saída o sábado ás 18:00 horas dente a rampla do peirao de Rianxo e disputarase en distancia Sprint 0,750 km de natación (1 volta) – 20 km en bicicleta (4 voltas)– 5 km de carreira a pé (3 voltas)

Ás 11:30 tivo lugar a presentación do “II Tríatlon Concello de Rianxo” dirixida polo alcalde, Adolfo Muiños, Miguel Fernández e Luís Piña, director deportivo da Federación Galega de Tríatlon.

O alcalde destacou a gran acollida que tivo este evento o pasado ano, tanto entre os veciños como os deportistas, sendo este o principal motivo de que se repita, ademais de ser unha modalidade en auxe e de gran espectacularidade pola combinación de disciplinas.

Tamén resaltou o perfil asumible do percorrido, para que o público poda seguir a proba, xa que discorre en gran parte por casco urbano.

O director técnico da federación, agradeceu, pola súa parte a acollida e o apoio recibido dende o concello a este deporte.

En canto a participación, con 147 inscritos, sinalou que se incrementou un 5% con respecto a edición anterior. O cambio de data e unha das causas deste crecemento, xa que o turismo na zona, anima a participación de atletas de fóra de Galicia. Entre os participantes, cabe destacar a presenza campión de Europa de paratríatlon, que disputará o mundial en setembro.

A proba dará saída o sábado ás 18:00 horas dente a rampla do peirao de Rianxo e disputarase en distancia Sprint 0,750 km de natación (1 volta) – 20 km en bicicleta (4 voltas)– 5 km de carreira a pé (3 voltas). A meta estará situada na Praza de Castelao.

Entre os favoritos desta edición destacan Xacobo de Crego (Olimpico de Vedra) na categoría masculina , e Alina García (Rías Baixas) na categoría feminina.

Comentarios
Lo más