Paco Reyes asegura que os datos de turismo de xuño "confirman que a política de CA nesta materia é inexistente"

Paco Reyes asegura que os datos de turismo de xuño "confirman que a política de CA nesta materia é inexistente"

Para Reyes, estes datos "van na liña de inexistencia de políticas turísticas por parte do grupo de goberno, que semella que só fala de turistas para dicir que sobran e molestan

"A falla dunha avaliación do anterior Plan Estratéxico; a ausencia dun calendario de execución do documento actualmente en vigor e o feito de que en máis de tres anos non teñan sido quen de poñer enriba da mesa o que van facer con Incolsa" evidencian, para Paco Reyes, que a política de turismo de Compostela Aberta é "inexistente". "A esta situación hai que engadir algúns datos que se coñecen, como os relativos ao mes de xuño -o voceiro lembrou que está agardando a que o INE publique os de xullo-. Así, segundo o Instituto Nacional de Estadística, en xuño, con respecto ao mesmo mes de 2017, Santiago rexistrou menos viaxeiros residentes en España, menos procedentes do estranxeiro (-21%), e menos pernoctas por parte de residentes fóra do país (-18%). A estas cifras cifras hai que engadir outras xa facilitadas recentemente polo edil socialista, como a rendabilidade, situada en Compostela en 23,3 euros, mentres que a media do Estado para destinos urbanos é de 58,1 euros".

Outro dato que para Paco Reyes é moi significativo é o de ocupación, xa que "cun 4% menos na oferta hoteleira e de prazas, esta non superou o 64%, o que supón unha baixada sobre xuño de 2017 dun 4%. No caso das fins de semana, a ocupación chegou ao 71%, tamén menor que a do anterior exercicio".

A estadía media, pola súa banda, segue moi por debaixo das dúas noites, o mínimo esixible para unha cidade como Santiago. Así, o concelleiro do PSdeG-PSOE apuntou que a media de pernoctas está en 1,78, por debaixo de localidades histórico-monumentais como, por exemplo, Sevilla.

Para Reyes, estes datos "van na liña de inexistencia de políticas turísticas por parte do grupo de goberno, que semella que só fala de turistas para dicir que sobran e molestan". O edil reclamou a CA explicacións e unha avaliación do plan de turismo realizado polo seu grupo neste mandato e, a este respecto, citou "as dúas propostas estrela do goberno municipal, a taxa sen o estudo pertinente e os paquetes románticos para parellas asiáticas católicas, asegurando que ningunha das dúas teñen mellorado ni avanzado en nada".

AEROPORTO

Paco Reyes tamén falou de datos aeroportuarios, informando de que malia a mellora nos datos, seguen a estar por debaixo da media do Estado. O edil sinalou que se ben Lavacolla incrementou nun 5% no tráfico acumulado ata xuño, fíxoo menos que a media estatal, situado nun 6,8%. O dato da terminal compostelá é inferior ao de Coruña, que tivo unha suba do 7,3%, e de aeroportos de cidades histórico-monumentales, como Sevilla (27%) ou Granada (25%).

"No caso das operacións acontece máis do mesmo. A suba en Lavacolla foi do 1,7% no acumulado ata xuño, pero a media estatal é do 6,1%. Collendo as mesmas cidades andaluzas, Sevilla creceu un 21,3% e Granada un 11,9% en operacións".

O voceiro socialista, finalmente manifestou que bota en falla que, máis aló de cambios de nome no que o seu grupo está dacordo, outro tipo de iniciativas mirando cara o futuro e que poñan a Lavacolla na élite, deixando as comparacións con Peinador e Alvedro e aspirando a facelo cos grande aeroportos, como Oporto. Nesta punto, apostou de novo por establecer colaboracións con Sá Carneiro, na liña que o está a facer o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con Lisboa, "e que lles está saíndo moi ben".

"Proba de que en Santiago as cousas poden facerse moito mellor é que, cando se outorgan premios, como o de ASQ (Airport Service Quality), os que reciben estes galardóns son, no caso das terminais de máis de dous millóns, o de Oporto, e no de menos, o de Murcia". "Santiago non forma parte de ningunha destas listas", lamentou Reyes. 

Comentarios