Pesar polo pasamento de Jesús Conde Míguez, presidente do SD Villestro

Pesar polo pasamento de Jesús Conde Míguez, presidente do SD Villestro

Morreu hoxe 3 de agosto aos 66 anos de idade

Data triste para o deporte, para o fútbol e sobre todo para o SD Villestro polo falecemento do seu presidente Jesús Conde Míguez, hoxe mesmo aos 66 anos de idade.

Jesús, veciño de Tras Iglesia (Villestro) e xubilado de Televés, estaba casado e tiña tres fillos e un neto. A súa capela ardente está situada no Tanatorio Apóstol, en Bertamiráns. O funeral e enterro terá lugar o sábado, 4 de agosto, ás 20:00 horas na Igrexa de Santa María de Villestro.

Comentarios