O Milladoiro celebra as festas da Madalena do 3 ao 6 de agosto

O Milladoiro celebra as festas da Madalena do 3 ao 6 de agosto

As festas da Madalena do Milladoiro serán 4 días repletos de actividades e actuacións

Onte venres, 3 de agosto, comezaron as festas do Milladoiro coa oitava edición do festival Millarock, no que a partir das 21.00 horas se puido gozar dos grupos máis representativos do panorama actual en Galicia. O cartel da noite estivo formado por The Tetas´ Van, Supernatural, Ruxe Ruxe e Astarot.

O sábado, as 10.00 horas, haberá o tradicional lanzamento de bombas anunciando o comezo de festas. Xa pola noite, ás 22.30 horas, contarase coas actuacións dos grupos Puzzle e Mar Davila até as 00.00 horas, momento no que comezará a actuación de Pili Pampín. A xornada rematará coa música de DJ Sony.

As 10:00 horas do domingo haberá un lanzamento de bombas e poderase gozar dun concerto da banda de música Eduardo Pondal na rúa da Raxoeira. De seguido, as 12:30 horas, terá lugar a procesión dende o comezo da Avenida Rosalía de Castro ata a Capela da Madalena, seguida dunha misa ás 13:00h. A sesión vermú comezará ás 14:00h da man do trío Unión y Fuerza, que tamén actuará pola noite acompañado da orquestra Ciclón. Ditas actuacións farán unha parada ás 23.45, hora prevista para o comezo do espectáculo pirotécnico de fogos de artificio.

O último día das festas, o luns 6, haberá un pasarrúas pola mañá a cargo da charanga Tíralle do aire e outro ás 19.00 horas a cargo do grupo de gaitas Os Retranqueiros. Ás 21:00 horas terá lugar unha misa na Capela da Madalena, seguida do traslado da imaxe a súa Capela, na rúa Viorneira, ás 21:30 horas. Durante a noite, a partir das 22:00 horas, a verbena será amenizada polas orquestras Alkar e Olympus.

Comentarios
Lo más