Empezan as celebracións da malla de Ardemil

Empezan as celebracións da malla de Ardemil

A festa, que se estende a toda a fin de semana, inclúe xantares populares, bailes, feiras de antigüidades e exposicións de coches, motos e tractores

Un ano máis a parroquia de Ardemil convida a todas e todos os que o desexen a desfrutar da súa tradicional malla. Unha celebración organizada pola Asociación Cultural Castro da Croa en colaboración co Concello de Ordes e varias empresas da zona, a cal dará comezo hoxe e se estenderá durante a fin de semana.

Hoxe sábado, ás 12 horas, dará comezo a xornada principal na que o público poderá contemplar e revivir a malla. Tamén haberá feira de antigüidades e unha ampla exposición de tractores, coches, motos, motores e apeiros doutras épocas. Festeiros e visitantes poderán adquirir e sorprenderse con outros obxectos como pías, adornos, mobles, farrapos etc, moitos deles con máis dun século ás súas costas. O "Dúo Suso" e un grupo de gaitas porán a nota musical a esta xornada na que tamén haberá un gran xantar popular. Para levalo a cabo instalaranse carpas onde se servirá xamón asado.

Xa para poñer punto e final o domingo, tal e como é costume, a partir das 12 horas haberá unha gran concentración de tractores antigos, os cales realizarán un percorrido pola zona.

Comentarios
Lo más